Búsqueda avanzada
Circular 2/2020. Xornada Aspectos prácticos da Segunda Oportunidade 
03/01/2020
O venres, 17 de xaneiro, vaise celebrar a xornada Aspectos prácticos da Segunda Oportunidade.

Será de 10 a 14 horas e pola tarde, de 16 a 18 horas, no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, rúa Concepción Arenal nº 8.

O aforo é limitado e a inscrición gratuíta formalizaráse remitindo un correo electróníco ao enderezo merchi@icavigo.org, indicando nome, apelidos e número de colexiado.

É requisito para a inscrición ser colexiado exercente do ICA Vigo e, se quedan prazas, poderán inscribirse os colexiados non exercentes do ICA Vigo, os colexiados do Colexio de Procuradores de Vigo, os alumnos do Máster da Avogacía, colexiados doutros Colexios de Avogados e outros profesionais, por esta orde.

Consulta os detalles do programa da xornada aquí. 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Aceptar cookies | Más información