Búsqueda avanzada
Comunicación. Curso Control Patrimonial nos Procesos de Modificación da Capacidade
10/01/2020
Do 22 ó 24 de xaneiro vaise celebrar en Madrid o curso Control Patrimonial en los Procesos de Modificación de la Capacidad que organiza o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX).

A formación será no Servicio de Formación Continua do CXPX, rúa Trafagar nº 27.

O CXPX colabora neste curso no marco do convenio de creación do Foro Justicia e Discapacidad, ademáis do convenio de colaboración entre a Fundación ONCE, o CGAE e o Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI).

Os gastos de transporte e aloxamento serán asumidos polo CGAE, e as inscricións, dado o número limitado de prazas, serán admitidas por orde de chegada.

Os interesados deben remitir un correo electrónico antes do 15 da xaneiro ao enderezo electrónico planformacion@abogacia.es indicando os seguintes datos:
  • Nome:
  • Colexio de adscrición:
  • Correo electrónico:
  • Teléfono de contacto:
  • DNI:
Máis información, aquí. 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Aceptar cookies | Más información