Búsqueda avanzada
Circular 39/2020. Comunicación telefónica con internos A Lama
07/04/2020
Prezado compañeiro, prezada compañeira.
 
Despois das xestións realizadas pola Xunta de Goberno do ICA Vigo co Centro Penitenciario de A Lama, conseguiuse para aqueles compañeiros e compañeiras que así o precisen, e só durante as medidas acordadas, que as entrevistas cos clientes internos se realicen por teléfono. Dita solicitude será tramitada polo Colexio, para o cal, deberás enviar un correo electrónico ao enderezo colexio@icavigo.org, indicando o teu interese en entrevistarte co interno de forma telefónica, facilitando os seguintes datos: 
  • Nome e número de colexiada/o
  • Nome do interno co que desexas comunicarte.
  • Nº de Procedemento e Xulgado no que se tramita o asunto.
  • E número de teléfono ao que deberá de chamarte o interno..
 Reiterando o noso desexo de que continúes saudablemente ben, cordialmente saúdate,
 
                                                                                                                                 A Decana,
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información