Búsqueda avanzada
Circular 68-2020.- Xubilación do Oficial do Colexio, Benjamin Cordero Vázquez
09/09/2020
A semana pasada xubilouse o Oficial do Colexio, Benjamín Cordero Vázquez, despois de 50 anos de dedicación e entrega á Corporación e aos seus colexiados e colexiadas.

Dada a situación actual derivada do Covid 19, que non aconsella reunións y celebracións de moitas persoas, e por expreso desexo de Benjamín, non se realizará ningún acto de despedida formal, mais o Colexio ofrece un correo electrónico (colexio@icavigo.org) para que quen o desexe poda enviarlle a súa mensaxe de agarimo e bos deseos.

É seguro que todos os colexiados, colexiadas, así como os seus compañeiros e compañeiras de traballo, votaremos de menos a sua sempre amable presencia, co dexeso de que se entregue ao disfrute desta nova etapa que comeza, tan merecidamente, coa mesma intensidade e proveito cos que adicou a súa vida ao Colexio.

 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información