Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN Webinar "Mulleres xuristas. Tres olladas sobre a igualdade". 8 de marzo ás 19.00 h.
03/03/2021
Prezado compañeiro, prezada compañeira:
 
O vindeiro luns día 8 de marzo, ás 19 h., terá lugar a webinar “Mulleres xuristas. Tres olladas sobre a igualdade”, organizada polo Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela e emitida a través da plataforma Zoom, coa colaboración do Consello da Avogacía Galega.
 
Trátase dunha mesa redonda na que intervirán:
  • María Dolores Rivera Frade, maxistrada, presidenta da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG.
  • María Inmaculada Espiñeira Soto, notaria de Santiago de Compostela.
  • Jacoba Emilia Millán Acosta, avogada, colexiada do ICA Santiago.
A inscrición é gratuíta e as prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición desde a seguinte ligazón: https://zoom.us/webinar/register/WN_DJWeROtGTT6o5eAWEM0h3w 
 
O prazo de solicitude de inscrición remata o venres 5 de marzo. Aqueles e aquelas que teñan praza recibirán un correo de confirmación cos datos de acceso á webinar. Cada enlace de acceso é único por inscrito/a.
 
Para calquera dúbida, pódese contactar co Consello da Avogacía Galega no teléfono 981121893 (en horario de 9.30 a 15.30 h.) ou no enderezo electrónico redes@avogacia.gal
 
Un saúdo,
 
A Decana,
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información