Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN.- Oferta de Lefebvre - "Memento Ejercicio Profesional de la Abogacía 2021-Edición Especial Abogacía"
31/03/2021
No marco de colaboración que Lefebvre mantén co Colexio de Avogados poñemos á túa disposición o Memento Exercicio Profesional da Avogacía 2021 Edición Especial Avogacía no que agora podes beneficiarche dun prezo especial.

Unha obra dirixida a todos os avogados en exercicio, a quen lles achega unha referencia práctica onde consultar as cuestións máis básicas e fundamentais que se presentan de forma máis habitual no exercicio da avogacía como o son a deontología profesional, a organización dos colexios, a asistencia letrada e do proceso, a tributación e a contabilidade básica do avogado, etc.

Así mesmo, abórdanse as principais áreas do dereito: civil, mercantil, penal, administrativo, laboral e procesual (civil, penal, contencioso-administrativo e laboral), centrándose nas materias máis consultadas na práctica dos despachos de avogados. Unha obra rigorosa e fiable realizada por catedráticos, profesores de Dereito e avogados en exercicio, todos eles de gran prestixio profesional.

En definitiva, trátase da mellor referencia para o que quere unha garantía de acceso fácil e rápido, case inmediato, á información. 

Se o desexas, agora podes beneficiarche dun prezo reducido nesta edición especial, tan só 30 € + IVE. Gastos de envío incluídos (excepto Canarias, Ceuta e Melilla).

O prazo de adquisición de exemplares finaliza o 6 de abril. A entrega da publicación realizarase antes do 20 de abril en cada domicilio e/ou despacho. 

REALIZAR RESERVA
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información