Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN Conferencia en liña "Algunhas reflexións sobre a incidencia da pandemia nos dereitos fundamentais"
08/04/2021
Prezado compañeiro:
 
Informámoste de que o mércores 14 de abril, ás 19 h., terá lugar a conferencia en liña “Algunhas reflexións sobre a incidencia da pandemia nos dereitos fundamentais”, organizada polo Ilustre Colexio de Avogados de Santiago e emitida a través da plataforma Zoom, coa colaboración do Consello da Avogacía Galega.
 
A conferencia será impartida por Fuencisla Ladrón de Cegama Escudero, fiscal da Área de Santiago de Compostela.
 
A inscrición é gratuíta e as prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición desde a seguinte ligazón: https://zoom.us/webinar/register/WN_4c_9eRRfQmqSrNQtXBkHgw
 
O prazo de solicitude de inscrición remata o luns 12 de abril, ás 20 horas. Aqueles e aquelas que teñan praza recibirán un correo de confirmación cos datos de acceso á conferencia en liña. Cada enlace de acceso será único por inscrito/a.
 
Para calquera dúbida, pódese contactar co Consello no 981121893 (en horario de 9.30 a 15.30 h.) ou no enderezo electrónico redes@avogacia.gal
        
Un saúdo,
 
                                                                                      A Decana.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información