Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN.- Edición dos Premios Derechos Humanos
04/10/2021
Prezado compañeiro, prezada compañeira:
 
Xa está en marcha a “XXIII Edición de los Premios Derechos Humanos”, convocada polo CGAE a través da súa Fundación. Este ano estarán adicados á defensa da liberdade de expresión baixo o lema “Pensamiento y expresión en libertad”.
 
Premiaranse aos que destaquen especialmente na defensa do dereito a expresar, difundir, buscar, recibir e compartir información e ideas sen inxerencias ilexítimas, así como a liberdade de produción e creación literaria, artística, científica e técnica e a liberdade de cátedra, mediante calquera medio de difusión. Trátase dun dereito fundamental que recolle a nosa Constitución e que tamén está recollido na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
 
A presentación de candidaturas, aberta a todas as persoas ou institucións relacionadas co mundo do Dereito ou a Avogacía e as institucións ou empresas públicas e privadas, finaliza o 15 de outubro e os premios entregaranse no marco da Conferencia Anual o 9 de decembro, para conmemorar o aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
 
Desde este enlace pódense enviar as candidaturas: https://www.abogacia.es/actualidad/noticias/xxiii-edicion-de-los-premios-derechos-humanos-de-la-abogacia-espanola-convocatoria-extraordinaria-defensa-de-la-libertad-de-expresion/. As bases poden consultarse en  www.abogacia.es
 
Un saúdo,
 
A Decana,
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información