Búsqueda avanzada
Circular 38/2022.- Listas de Peritos Xudiciais e de Administradores Concursais para 2023
21/09/2022
I.- QUENDA DE PERITOS XUDICIAIS.

Para renovar a quenda de peritos xudiciais e notariais do art. 341 da Lei de Axuizamento Civil, os colexiados e colexiadas dispostos a actuar como peritos no ano 2023 deberán inscribirse(1) no Colexio antes do 1 de decembro.

            (1)As interesadas e os interesados deberán inscribirse a través da páxina web: www.icavigo.org  dentro do apartado de “COLEXIADOS”, accedendo con usuario e contrasinal, na sección de “SOLICITUD LISTAS”.


II.- QUENDA DE ADMINISTRADORES CONCURSAIS.

Os letrados interesados en integrar a quenda de administradores concursáis do ano 2023, deberán inscribirse(2) no Colexio antes do 1 de decembro. Os requisitos son os que recolle o artigo 27.1 da Lei Concursal, na redacción anterior á entrada en vigor da Lei 17/2014, de 30 de setembro, segundo o disposto na Disposición Transitoria Única do Real Decreto Lexislativo 1/2020, polo que se aproba o texto refundido da Lei Concursal:

«Artículo 27. Condiciones subjetivas para el nombramiento de administradores concursales.
1. La administración concursal estará integrada por un único miembro, que deberá reunir alguna de las siguientes condiciones:
1.º Ser abogado en ejercicio con cinco años de experiencia profesional efectiva en el ejercicio de la abogacía, que hubiera acreditado formación especializada en Derecho Concursal.
2.º Ser economista, titulado mercantil o auditor de cuentas con cinco años de experiencia profesional, con especialización demostrable en el ámbito concursal.

También podrá designarse a una persona jurídica en la que se integre, al menos, un abogado en ejercicio y un economista, titulado mercantil o auditor de cuentas, y que garantice la debida independencia y dedicación en el desarrollo de las funciones de administración concursal.”

Partindo da base de que o concepto sobre a suficiencia da formación é da competencia do Xulgado do Mercantil, o Colexio porá a súa disposición os datos que os solicitantes, no seu caso, faciliten.

(2)As interesadas e os interesados deberán inscribirse a través da páxina web: www.icavigo.org  dentro do apartado de “COLEXIADOS”, accedendo con usuario e contrasinal, na sección de “SOLICITUD LISTAS”.

Asemade, deberán subir á páxina web, unha “Declaración responsable”, asinada polo interesado ou interesada, da formación concursal que se teña (cursos, másteres, etc…), e que será remitida polo Colexio aos Xulgados do Mercantil. 



 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información