A Comisión Permanente do Consello Xeral da Avogacía Española manifestou o seu máis absoluto rexeitamento á violación do dereito á defensa e do segredo profesional na investigación xudicial do "caso Lezo", despois de que se autorizase a gravación de conversacións privadas dun dos avogados co seu cliente.
Para evitar estes feitos, o CXAE considera necesario que se leve a cabo de forma urxente e sen demora a promulgación dunha Lei orgánica do dereito de defensa, co obxecto de completar o sistema de tutela xudicial efectiva.
Fonte: CGAE