Búsqueda avanzada
O Consello de Ministros aproba o Real Decreto-Lei polo que se modifica a Lei de impostos sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados
09/11/2018
O Consello de Ministros aprobou o Real Decreto-lei 17/2018 do 8 de novembro polo cal se determina que será a entidade bancaria a que deba abonar o imposto de actos xurídicos documentados nas escrituras públicas de préstamo con garantía hipotecaria e non o cliente. Isto prodúcese como consecuencia do acordo tomado por Pleno do TS o pasado 6 de novembro, no que se decidiu volver de novo á doutrina anterior na que o prestatario era o obrigado ao pago do tributo. Tras esta decisión, o executivo considerou que se xerou unha situación de inseguridade xurídica que afecta ao mercado hipotecario no seu conxunto e decidiu aprobar o devandito texto para corrixir esta situación.

Así mesmo, esta reforma supón a modificación do artigo 15 da lei polo cal as entidades bancarias non poderán deducirse este pago no imposto sobre sociedades.

Consulta o RD-lei 17/2018 de 8 de novembro
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información