O pasado 27 de abril tivo lugar na Sala de Conferencias do Teatro Afundación en Vigo a xura de novos colexiados. No acto participaron trinta novos letrados, que acataron a Constitución e o ordenamento xurídico español no exercicio da profesión de avogado ante as autoridades alí presentes e, tamén, ante os seus padriños ou madriñas e os seus familiares. O devandito acto finalizou coa actuación do Coro do Colexio e o viño de honra.