Búsqueda avanzada
Entra en vigor o rexistro obrigatorio da xornada laboral
14/05/2019
Tras a publicación no BOE do Real Decreto-lei 8/2019, do 8 de marzo, de medidas urxentes de protección social e loita contra a precariedade laboral na xornada de traballo, entra en vigor, desde o 12 de maio a obrigación das empresas de garantir o rexistro diario da xornada de traballo dos seus traballadores.

Este rexistro debe incluír o horario de inicio e finalización da xornada realizada por cada traballador e terá que conservarse durante catro anos por parte da empresa. De non facelo as empresas pódense enfrontar a importantes sancións económicas.

Consulta o Real Decreto-lei 8/2019, de 8 de marzo.


Fonte: El Derecho
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información