Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN.-  Charla sobre cuestións prácticas nos procesos de Violencia de Xénero. Agrupación de Avogados Novos. 2 de decembro, ás 18.30 h.
24/11/2021
Prezado compañeiro:
 
Reenvío a comunicación da Agrupación de Avogados Novos.
 
Un saúdo,
 
A Decana,
 
 
 
Estimados compañeiros/as:
Dende a Agrupación de Avogados Novos de Vigo somos conscientes das dúbidas e inseguridades que xeran os primeiros, e non tan primeiros, procedementos de Violencia de Xénero.

Por elo, o vindeiro 2 de decembrocelebraremos unha Charla Práctica sobre cuestión prácticas nos procesos de Violencia de Xénero, contando coa colaboración de D.ª M.ª Celeste Ameneiro Sanin, Xuíza do Xulgado de Violencia de Xénero n.º 1 de Vigo, así como do ICA Vigo, có gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.
 
Axúntase cartel informativo. 
 
A asistencia a esta Charla non exime da realización do Curso de acceso á Quenda de Oficio en relación a esta materia que organiza o Ilustre Colexio de Avogados de Vigo.
 
As inscricións para asistir á Charla, con aforo reducido e limitado polo protocolo sanitario, sobre cuestión prácticas nos procesos de Violencia de Xénero pode formalizarse ata o martes 30 de novembro enviando un correo electrónico a xunta@avogadosnovos.gal indicando nome e apelidos. Confirmarase a inscrición polo mesmo medio.
 
A continuación, trasladamos información relevante, desde o punto de vista da organización do curso, derivada da situación sanitaria actual:
 
- Os asistentes disporán de solución hidroalcohólica para utilizar antes de acceder ó Salón de Actos.
 
- Será obrigatorio o uso de mascarilla para asistentes e ponentes.
 
- Os asistentes deberán sentarse nos sitios sinalados, e sempre ocuparán o mesmo posto.
 
- Non se compartirán obxectos personais.
 
- Os bolsos, carpetas, chaquetas, colocaránse debaixo da cadeira.
 
Agardamos a vosa participación!
 
Atentamente,
 
A Xunta Coordinadora da Agrupación de Avogados Novos de Vigo.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información