Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN .- Novo Convenio de Colaboración para prestar o servizo de asesoramiento e orientación xurídica en materia de vivenda.
28/12/2021
Prezado compañeiro:
 
No ano 2022 o Consello da Avogacía Galega (CAG) e o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), firmarán un novo convenio de colaboración para prestar o servizo de asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda.
 
En cumprimento do citado convenio, o CAG vai organizar una quenda de gardas semanais, repartidas entre os sete colexios da avogacía de Galicia, a fin de prestar o servizo de asesoramento á cidadanía. Atenderase a través dun sistema de consultas en liña e dun número 900, que desviará as chamadas a un teléfono móvil que se lle facilitará polo Colexio ó letrado ou letrada que esté de garda. O desenvolvemento das consultas en liña implicará a creación dun formulario web para ser contestado vía correo electrónico polo letrado/a de garda en 24/48 horas, así como dun número 900 de información que será atendido de luns a venres, en horarios de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 h e os sábados de 10:00 a 14:00 horas.
 
O asesoramento e orientación que deberá realizar o avogado ou avogada comprenderá aspectos referidos a trámites de carácter administrativo ou xudicial no ámbito relacionado cos dereitos e obrigas  das persoas propietarias ou usufructuarias de vivendas ocupadas ilegalmente ou persoas en risco de perder a súa vivenda como consecuencia dun procedemento de execución hipotecaria, polo impago da renda de aluguer ou por calquera outra circunstancia imprevista ou sobrevida, sempre que esta vivenda constitúa o seu domicilio habitual e permanente.
 
 
  • ORGANIZACIÓN DO SERVIZO NO COLEXIO DE AVOGADOS DE VIGO
 
O Colexio de Vigo informará das semanas nas que o ICA VIGO estará de garda tan pronto como estean confeccionadas as listas, durante as cales prestará o servizo de ASESORAMENTO EN MATERIA DE OCUPACION ILEGAL DE VIVENDA E DESAFUIZAMENTO polos letrados e letradas que conformen a lista.
 
 
  • FUNCIONAMENTO DO SERVIZO
 
A garda é presencial. O letrado ou letrada prestará o servizo, na sede do Colexio de Avogados, en Praza de América, 2-1º, de 10:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 20:00 h. O servizo do venres só se realizará desde o Colexio durante a mañá, prestándose durante a tarde (desde as 16:00 h. ás 20:00 h.) e o sábado pola mañá (de 10:00 h. a 14:00 h.), de forma non presencial.
 
O importe bruto será de 100 € por cada quenda de servizo realizada (retribución que se aboará con independencia de que haxa ou non consultas). Aclárase que o letrado/a que sexa designado para realizar o servizo do venres e sábado de mañá, computará como un só servizo.
 
No caso de non poder realizar a garda asignada, o letrado ou letrada deberá comunicalo ao Colexio, quen designará un letrado/a da lista de suplentes. Non se admiten cambios de garda.
 
O letrado ou letrada que teña que facer a garda non poderá ausentarse das dependencias do Colexio durante as horas da prestación do servizo e deberá cumprir o horario íntegramente. No caso contrario non se lle aboará a retribución que corresponda.
 
 
  • CONFECCION DA LISTA DE LETRADOS E LETRADAS
 
Os interesados en formar parte do SERVIZO DE ASESORAMENTO E ORIENTACION XURIDICA EN MATERIA DE VIVENDA, deberán presentar a súa solicitude, cuprimentando o impreso que se xunta ANTES DO DÍA 7 DE XANEIRO, enviando un correo electrónico a colexio@icavigo.org.
 
A lista estará conformada por 50 letrados e letradas, dos que 40 corresponderán aos días de prestación do servizo, e os 10 restantes á lista de suplentes. Se o número de solicitudes fora superior a 50, realizaráse un sorteo o día 10 de xaneiro na sede do ICA VIGO en Praza de América, do que resultará a letra pola que se comezará a relación dos 50 letrados/as que conformarán a lista para a realización do servizo. As vacantes que se poideran producir, cubriránse seguindo a orde alfabética da lista orixinaria.
 
Os letrados e letradas que conformen a lista definitiva deberán realizar as actividades de formación que, ao efecto, esixirá o ICA Vigo en coordinación co CAG.
Na confección da lista terán prioridade os letrados e letradas que non prestaron o servizo durante o ano 2021.
 
 
  • REQUISITOS PARA O ACCESO AO SERVIZO:
 
            1.- Ser colexiado/a exercente residente do ICA VIGO
            2.- Realizar o curso que o ICA VIGO esixa para prestar o servizo
 
O letrado/a asesor/a non poderá, de ningún xeito, cobrar por estas consultas. O asesoramento é gratuito para a cidadanía. Tampouco poderá levar de forma particular os asuntos derivados desta garda.
 
O Colexio informará ós letrados e letradas da lista, o día do comezo do servizo, enviando o calendario correspondente.
 
Esperando que sexa do teu interese, saúdate atentamente,
 
                                                                                      A Decana,
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información