Búsqueda avanzada
Circular 23/2021 Presentación online da plataforma Pagoscertificados. 7 de abril de 2021 ás 18.00 h
31/03/2021
Prezado compañeiro:

O vindeiro 7 de abril ás 18.00 h., terá lugar a través da plataforma TEAMS a  presentación de Pagos certificados.com, a primeira plataforma de contratación dixital e pagos online, creada pola Abogacía española co respaldo de CaixaBank e CTI Soluciones. O día anterior ao evento, enviarase desde o Colexio un enlace a través do correo electrónico para asistir á reunión.

A presentación correrá a cargo da directora do Departamento Xurídico de Pagoscertificados.com, Reyes Rodríguez Zarza, e o responsable da plataforma no CGAE, Eleazar González.

A plataforma Pagoscertificados.com é un revolucionario sistema de contratación dixital e pagos online baseado nunha pioneira tecnoloxía smart contracts, que permite pechar acordos e efectuar pagos extraxudiciais e xudiciais asociados a ditos contratos en menos de 72 horas con plena garantía xurídica. A plataforma permite condicionar os acordos firmados dixitalmente ao efectivo pago das cantidades establecidas no contrato.
 
Este sistema aporta inmediatez e seguridade á hora de alcanzar e formalizar acordos de pago online entre partes a través dun procedemento automatizado de transacción, que conclúe, en caso de ratificación, coa súa firma dixital e a certificación acreditativa do mesmo, facilitando a realización e cobro das cantidades establecidas no contrato.
 
Co uso desta tecnoloxía, soluciónase a problemática da resolución de contratos por impago e ademais permitirá aos avogados enviar e alcanzar acordos sen saír do despacho. Todo isto coa seguridade e garantía do cobro, algo que nestes tempos de Covid-19 e posibles peches de institucións e xulgados pola pandemia, ten un gran valor.
 
Vídeo da presentación oficial no Consejo General de la Abogacía:
https://www.youtube.com/watch?v=PlPuuaOe-G4
 
Podes encontrar máis información sobre a plataforma nos accesos:
 
https://www.abogacia.es/servicios/abogados/pagos-certificados/
 
https://www.pagoscertificados.com/servicios/
 
Un saúdo,
 
                                                                              A Decana
 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información