Búsqueda avanzada
Circular 21/2023.- Reunións informativas sobre a Mutualidade da Avogacía e o Congreso Nacional da Avogacía.
10/05/2023
Prezado compañeiro, prezada compañeira:

                         Ao obxecto de informar sobre o debatido e concluído nas sesións deliberativas do Congreso da Avogacía Española nos itinerarios desenvolvidos: “Especialidades e Formación Continua”, “Avances e desafíos deontolóxicos”, “Lei de defensa”, “Xustiza gratuíta e quenda de oficio”; así como das medidas solicitadas en materia de conciliación, convocámosvos a unha reunión, o día 19 de maio ás 17 horas, no Auditorio do Edificio da Xunta de Galicia, sito na rúa Concepción Arenal 8. No mesmo local, o día 31 de maio ás 16.30, o Director Xeral da Mutualidade da Avogacía Española, a solicitude do ICA Vigo, comparecerá para solucionar as dúbidas e cuestións que lle expoñan os mutualistas. Por motivos de seguridade, para acceder ao edificio debemos facilitar nomes e apelidos polo que aqueles e aquelas que queiran asistir deberán comunicalo, no correo electrónico: colexio@icavigo.org , ata o día anterior a cada unha das intervencións.
 
                        Un saúdo,
 
A Decana,
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información