Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN.- CONFERENCIAS EN LIÑA EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO, organizadas polo Consello da Avogacía Galega. A partir do 24 de outubro
22/10/2024
 
Prezado compañeiro, prezada compañeira:
 
O Consello da Avogacía Galega organiza un novo programa gratuíto de conferencias en liña en materia de violencia de xénero, impartidas por profesionais especializados na materia. O ciclo terá lugar nas seguintes datas e horarios:
  • Datas: os xoves 24 e 31 de outubro, os xoves 14 e 21 de novembro, e o mércores 27 de novembro.
  • Horario: de 16 h. a 17.30 h., agás o mércores 27 de novembro, que será de 17 h. a 19 h. 
 
Nesta ocasión haberá dous relatorios por día, cunha duración de 20 minutos cada un e unha quenda de preguntas. 
 
Os títulos das dúas primeiras intervencións son:
  • “Violencia económica”. Elisa Campoy López-Perea, avogada.
  • “A responsabilidade civil derivada do delito e a insolvencia do reo”. Asunción Álvarez Lois, avogada.
En breve se facilitarán os temas que se impartirán o resto dos días.
 
Os interesados e interesadas podedes inscribirvos na seguinte ligazón: https://us06web.zoom.us/webinar/register/WN_dXv2frbTQOuB0hyZIMdXXA . O rexistro a través do formulario dará dereito ao acceso a todas as clases en liña do programa; non será preciso repetir a inscrición para cada xornada.
 
Para máis información, podes contactar co Consello da Avogacía Galega en redes@avogacia.gal e no teléfono 981121893.
 
Un cordial saúdo,
 
A Decana
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información