Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN.- Programa de formación en materia de Vivenda. Consello da Avogacía Galega. 19 de decembro, de 17.00 h. a 19.00 h.
18/12/2024
Prezado compañeiro, prezada compañeira:
 
Comunicámosvos que o Consello da Avogacía Galega organiza un programa de formación en liña en materia de vivenda, froito do convenio de colaboración asinado entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Consello da Avogacía Galega para prestar un servizo de asesoramento, intermediación e orientación xurídica en materia de vivenda.
 
O programa constará de dúas sesións. A continuación facilitámosvos información sobre a primeira xornada:
 
  • Xoves, 19 de decembro, de 17 a 19 horas:
    • "Preguntas e respostas ante a okupación ilegal de inmobles. Solucións ante o impagamento de rendas e a inquiokupación. A súa regulación na nova Lei de medidas de eficiencia procesual". Vicente Magro Servet, maxistrado do Tribunal Supremo.
 
Os interesados e interesadas podedes inscribirvos na seguinte ligazón: l https://us06web.zoom.us/webinar/register/WN_6pGqskwSTnaM8xRh-CxEgQ 
O rexistro a través do formulario dará dereito ao acceso a todas as clases en liña do programa; non será preciso repetir a inscrición para cada xornada.
 
Para máis información, podes dirixirte ao seguinte correo electgrónico: redes@avogacia.gal ou  no teléfono 981121893.
 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información