Búsqueda avanzada

SOX

Un servizo de asesoría para os cidadáns

O Servizo de Orientación Xurídica (SOX) é a área encargada de asesorar aos interesados en recorrer á Asistencia Xurídica Gratuíta. Cada colexio contará cun departamento deste tipo. Está conformado por 4 Letrados que se adican a xestionar as tramitacións e as solicitudes de Avogados de Oficio para cada caso.

Os Letrados encargados de prestar estes servizos de asesoramento agrúpanse en comisións de garda para asistir aos peticionarios da Asistencia Xurídica Gratuíta. Renóvanse dous Letrados cada ano, pero a renovación faise de un en un cada seis meses para garantir a correcta fluidez do servizo. Actualmente, os Avogados que conforman o SOX no Colexio de Avogados de Vigo son:

  • Esther Bueno Rey
  • Lina Busto Arias
  • Lucía Gómez Araújo
  • Carlos González Reverter
Estes son os modelos que os peticionarios deben encher para acceder á valoración do servizo de Asistencia Xurídica Gratuíta:
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Aceptar cookies | Más información